Descripción y fines

A desigualdade de toda a cidadanía é, tal e como recolle a nosa Constitución non só un fin senón tamén un medio a través do cal todos/as temos dereito a un trato igualitario diante da lei e a idénticas oportunidades para o exercicio dos nosos dereitos.

 

Nembargantes dita igualdade supón para as mulleres unha loita e conquista destes dereitos que lle foron negados coma consecuencia da discriminación social, política, cultural e económica da que foron obxeto. A nosa Constitución expresa con claridade a non discriminación por razón de sexo, que o longo dos anos vaise desenvolvendo a través de reformas lexislativas e medidas políticas que ata o de agora non foron suficientes para facer fronte a grave situación de marxinación que sofre a muller.

 

Diante desta situación, a Mancomunidade do Ribeiro, o traveso do departamento de servizos sociais de atención primaria, pretende a posta en marcha do Centro de Información á Muller (CIM).

 

Problemática do desemprego

Prioritariamente (ata fai ben pouco), a poboación activa feminina ocupábase no sector de alimentación, servizo doméstico e agricultura. O emprego caracterízase xeralmente por ser de caracter precario con baixa cualificación e pouco remunerado, isto último constátase principalmente no sector servizos.

 

Por isto, a importancia do CIM na labor de intentar paliar ésta situación a través de información continuada sobre axudas relacionadas con emprego e autoemprego, a formación a través de cursos de formación ocupacional, e demais iniciativas que faciliten a acceso das mulleres ó mundo laboral, para acadala tan desexada independencia económica.

A Muller semiurbana

Dende hai uns anos a participación social das mulleres da zona con características mais semiurbanas é activa debido en parte a creación de diversas asociacións de mulleres, que demandan charlas, xornadas, cursos, etc.

A Muller Rural

Ainda que a muller rural a cotío aparece nas táboas de desmprego, de feito é plenamente activa, xa que leva as cargas familiares, tarefas de autoconsumo agrario, etc, namentres que o home traballa no sector agrícola, construcción, forestal, etc. Moitas destas mulleres figuran coma titulares de explotacións agrícolas e gandeiras, cotizando ó Rexime Agrario, ainda que na mayoría dos casos é o home quen cotiza e cando este falece ela percibe a viudedade, tamén existe un gran número de mulleres mayores que perciben non contributivas de xubilación. En xeral é unha poboación moi embellecida con baixa natalidade.

Problemática social da muller

Prostitución e inmigración. A inmigración feminina está moi relacionada coa problemática da prostitución. Existe un importante número de mulleres inmigrantes que traballan sen legalizar a súa situación. O CIM trata de acercar a este grupo de mulleres ós Servizos Sociais, Sanitarios, Estranxería, etc..Porque moitas arrastran a problemática dos malos tratos, alcoholismo, extorsións, menores, problemas económicos, familiares, etc, que requiren un contacto con organismos coma forzas de seguridade, xulgados, hospitais, etc. É de destaca-la importacia que ten o Servizo de Asesoría Xurídica que ofertará un axeitado asesoramento sobre como paliar as graves circunstancias multiproblemáticas nas que viven, e o servizo que nos plantexamos tamén de forma permanente: Atención Psicolóxica.

 

Dende o CIM a moitas destas mulleres axudaráselle coa situación social, familiar e económica, e coa formación para unha mellos integración na Comarca.

  • Economía sumerxida. Dentro da problemática do emprego a maior parte das mulleres que traballan fano con contratos precarios ou baixa remuneración, e as veces sen contrato.
  • Malos tratos, violencia de xénero. Dende os Servizos Sociais de Atención Primaria da Mancomunidade estanse a derivar ós Servizos Sociais Especializados de Ourense, moi lonxe para o servizo urxente que necesitan en moitos casos estas mulleres e os/as seus fillos e fillas, Dende o CIM asesorarase e informarase dos recursos existentes no campo desta problemática.

 

O ASESORAMENTO XURÍDICO é un servizo imprescindible para prestar apoio, información e asesoramento xurídico e de recursos sociais a tódalas persoas que sufriron situacións de malos tratos, abandonos, procesos de separación, marxinación, polo feito de ser muller.

 

Imagen aleatoria

Lg. Fondal de Beade, S/N - 32431 - Beade - Ourense - Tel: 988 484 796 - Fax: 988 484 701 - info@ribeiro.org

AVISO LEGAL --  Mancomunidad de Ayuntamientos del Ribeiro
Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org