Obxetivos a acadar

A continuación expóñense os principais obxetivos que dende os Servizos Sociais se pretenden acadar:

  • Estimular e fomenta-lo principio de igualdade de oportunidades en tódolos ámbitos da administración local.
  • Impulsa-la cooperación e coordinación coas organizacións que traballen a favor das mulleres na zona de influencia (Federación Provincial de Mulleres de Ourense, asociacións de mulleres da Comarca, asociacións de inmigrantes, sindicatos, etc).
  • Difundir entre as/os axentes sociais locais e entidades as políticas de igualdade e fomenta-la súa participación.
  • Incrementa-la participación social, económica en xeral e toma de decisións das mulleres da comarca do Ribeiro.
  • Garantir unha educación igualitaria, incorporando o principio de igualdade de oprtunidade, fomentando en tódolos ámbitos unha imaxe axeitada eliminando os estereotipos sexistas.
  • Elimina-las barreiras que impiden ás mulleres a incorporación ó mercado laboral, consolidando a formación, e potenciando unha maior representatividade no mundo laboral.
  • Previr e elimina-la violencia contra as mulleres, sensibilizando a toda a poboación da Comarca.
  • Mellora-la calidade de vida das mulleres.
  • Combati-la feminización da pobreza, os procesos de exclusión social e marxinación que afectan á muller.
  • Sensibiliza-la sociedade local sobre a discriminación que sofren as mulleres a facilita unha información, asesoramento e atención presonalizada para acada-los seus dereitos en igualdade.

 

 

Imagen aleatoria

Lg. Fondal de Beade, S/N - 32431 - Beade - Ourense - Tel: 988 484 796 - Fax: 988 484 701 - info@ribeiro.org

AVISO LEGAL --  Mancomunidade de Concellos do Ribeiro
Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org