Punto Limpo

Descripción dun Punto Limpo

Os Puntos Limpos - tamén chamados "Punto Azul", "Punto R", "Punto Verde" - son recintos ubicados no entorno das cidades, co obxetivo fundamental de servir ós cidadánd como centro de aportación voluntaria para a recollida selectiva dos residuos xerados no ámbito domiciliario. Están dotados de contenedores específicos para os distintos tipos de refugallos susceptibles de entrar nos circuitos de reutilización e reciclaxe, e para aqueles que, debido ás súas características tóxicas ou perigosas, deben ser xestionados de acordo coa lexislación vixente nesta materia.

Obxetivos fundamentais dun Punto Limpo

Como obxetivos fundamentais dun Punto Limpo cabe destacar:

  • Recuperación dos materiais contidos nos residuos para a súa reciclaxe directa (papel, vidro, metais..).
  • Evitar o vertido incontrolado de voluminosos que non poden ser eliminados polos servizos de recollida de lixo (mobles, electrodomésticos..). 
  • Separar os residuos perigosos xerados no fogar dos que a eliminación conxunta co resto dos lixos urbanos ou mediante o seu vertido á rede de saneamentos, representaría un risco para o medio ambiente e a saúde pública (medicamentos, pilas, fluorescentes..).
  • Reducción do volume dos residuos a tratar ou eliminar nos vertedoiros controlados, co que aumenta a vida útil dos existentes.

Tipos de residuos a admitir nun Punto Limpo

A relación de residuos a recoller reducirase no caso de dispoñer dalgún outro sistema axeitado para realizar a recollida selectiva.

Residuos especiais:

  • Fluorescentes e luminarias de vapor de mercurio.
  • Disolventes, pinturas e vernices.
  • Pilas.
  • Frigoríficos e electrodomésticos con CFC.
  • Aceites minerais e vexetais, usados, procedentes dos particulares.

Residuos municipais e asimilables:

  • Papel e cartón.
  • Vidro.
  • Envases de plástico, briks e latas.
  • Residuos metálicos.
  • Outros electrodomésticos.

Outros residuos:

  • Escombros de pequenas reparacións.
  • Residuos voluminosos (mobles, colchóns, etc..).

Servizo Punto Limpo Móbil

O Punto Limpo Móbil é un vehículo itinerante equipado con contedores especiais para diferentes tipos de residuos de orixe doméstica deseñados para facer as funcións de recollida e con iso facilitar a súa valoración ou eliminación posterior. Os veciños interesados poden acceder ao servizo de recollida previa solicitude ao seu concello, o cal dará traslado da mesma ao servizo correspondente da Mancomunidade do Ribeiro, concertando posteriormente día e hora de recollida.

 

Imagen aleatoria

Lg. Fondal de Beade, S/N - 32431 - Beade - Ourense - Tel: 988 484 796 - Fax: 988 484 701 - info@ribeiro.org

AVISO LEGAL --  Mancomunidade de Concellos do Ribeiro
Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org