Descripción

 É importante facer observar cas unidades de protección civil e emerxencias, son de natureza técnica, quere isto dicir que non son unidades de intervención, como, por exemplo, os bombeiros, os servizos sanitarios ou as forzas e corpos de seguridade do Estado, senón que son unidades para o estudo de riscos, o apoio á planificación de emerxencias, e a coordinación dos recursos e servizos actuantes ante unha situación de emerxencia.

 

 Dito de outra forma, son unidades pensadas para dirixir a xestión das situacións de emerxencia, facilitando á delegación do Goberno o mando integrado - mando único de coordinación - de tódolos servizos profesionais e voluntarios que sexa necesario movilizar para facer fronte á situación.

 

Ao ser unidades da Administración do Estado, a súa intervención na xestión de emerxencias atópase circunscrita, por definición legal, a aquelas situacións que sexan declaradas de interese xeral, para o cal debe de darse algún dos supostos recollidos na Norma Básica de Protección Civil:

  • Que sexa necesaria a protección de persoas e bens en aplicación da Lei Orgánica 4/1982, do 1 de Xuño, reguladora dos estados de alarma, excepción e sitio.
  • Que sexa necesario prever a coordinación de Administracións diversas porque a emerxencia afecte a varias Comunidades Autónomas e esixa unha aportación de recursos a nivel supra-autonómico.
  • Que polas dimensión efectivas ou previsibles da situación se requira unha dirección nacional das Administración Públicas implicadas. O anterior non quere dicir, nembargantes, que estas unidades permanezan axenas ao desenrolo daquelas emerxencias que producíndose no seu ámbito territorial non sexan declaradas de interese nacional. Ao contrario, unha das súas principais funcións é o seguimento continuo desas emerxencias, tanto para prestar apoio que en cada caso poidan necesitar as autoridades locais e/ou autonómicas, por exemplo, movilizando recursos estatais, dando cobertura de comunicacións, asesorando técnicamente, etc.., como para estar preparados no suposto de que deban asumir a coordinación superior da situación baixo a dirección do delegado do Goberno ou outra autoridade estatal.

 

Lumes >

Imagen aleatoria

Lg. Fondal de Beade, S/N - 32431 - Beade - Ourense - Tel: 988 484 796 - Fax: 988 484 701 - info@ribeiro.org

AVISO LEGAL --  Mancomunidade de Concellos do Ribeiro
Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org