A Mancomunidade de Concellos do Ribeiro constitúese como Entidade Pública supramunicipal por iniciativa e vontade unánime dos Concellos que forman a Comarca do Ribeiro, ala polo ano 1987, para xestionar, de forma conxunta, unha serie de servizos básicos, entre os que destacan os servizos de recollida de residuos sólidos urbáns, o Servizo Social de Base, Matadoiro Comarcal, Protección Civil e Prevención e Extinción de Incendios, Recadación, Informatización e Cultura.
A Mancomunidade estivo formada no seu inicio polos Concellos de A Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Leiro, Melón e Ribadavia. No ano 1989, incorporouse o Concello de Cortegada, e tras longos anos de traballo conxunto e bo facer, que fixeron desta comunidade unha das mellores da Comunidade Autónoma Galega, no ano 2002 o Concello de Carballeda de Avia solicita a súa baixa, que se fai definitiva a escomenzos do 2003. Tamén o Concello de Ribadavia abandona no ano 2006.
A Mancomunidade está formada por dous representantes de cada municipio, sendo un deles o alcalde. Por tanto, dez alcaldes (oito na actualidade) da comarca máis os dez representantes (oito na actualidade) elexidos polos distintos concellos forman o Pleno Xestor.
A forma de elección dos representantes na Mancomunidade depende directamente do resultado das eleccións municipais, así, a renovación nos cargos e representantes do ente supramunicipal ten unha duración de 4 anos.
O Presidente na Mancomunidade é, nestos momentos, o Alcalde de A Arnoia, Rogelio Martínez González.
Por acordo do Pleno de Mancomunidade de data 16/03/1991, a Sede da Mancomunidade quedou fixada, con carácter provisional, nas instalacións do Parque de Maquinaria sito en Beade, ainda que disón de oficiñas na capital da Comarca.
Lg. Fondal de Beade, S/N - 32431 - Beade - Ourense - Tel: 988 484 796 - Fax: 988 484 701 - info@ribeiro.org